Unha Ofrenta de Ósos Os misterios que se agochan nos teus bosques na beira dos teus regatos na corteza das túas árbores, no solpor As historias dos carballos e os raposos e as túas peles enrugadas mais rezumas humildade, sen descanso Estragada, abusada e castigada polas xentes que acolliches esgotaron as túas forzas, teu amor Compañeira de aturuxos afogados de granito e de madeira que iluminas os meus pasos coa túa maxia Miña amiga, esvaneceste entre fumes xa cavaron a túa tumba rodeada de eucaliptos e petróleo Cando morra, eu ofrézoche os meus ósos que alimenten a túa terra para que dela broten novos bidueiros